lunes, 28 de abril de 2008

Creer o non creer?


Fágome a pergunta unha chea de veces : Que pasa logo da morte?

Gustaríame poder crer na reencarnación,asi unha vez que me chegase a hora,non seria tan dificil.Pois sempre me quedaria unha outra vida!

Se fose posible,pregúntome quen fun en mias outras vidas : animal,persoa..fun boa,mala,rica,pobre...,guapa,fea,muller,home..... E vós en que creeis?

viernes, 25 de abril de 2008

Sigo co mesmo....libros

Sigo co tema dos libros en galego.
Mer,prestoume dous gramácticas :
- Galego Coloquial
- Práticas de lingua
A ver se lle dou un repaso e fágome un esquema co que mais fallo...

Doutra banda unha amiga,deixoume 4 libros,pero dous deles parécenme un pouco infantís. Déixovos os nomes por se coñecedes algún,e podédesme dicir que tal están.
- Un millón de vacas ( Manuel Rivas )
- Os outros feirantes ( Alvaro Cunqueiro )
- A longa viaxe ( Yuca )
- A casa dá Luz (Xabier P. Docampo

O libro que estaba lendo de Sénchu Mende ( Made in Galiza ),non me gustou,só lin a metade,facíalleme moi pesado. Déixovos a pregunta de novo no aire,por se alguién pódeme axudar :

Coñecedes autores de Vigo?

Podédesme aconsellar algún policiaco ou de narrativa?

lunes, 21 de abril de 2008

Faltar o respecto

O respecto non se pide,gáñase!
Non ten limites nin condicións. Cando hai respecto,sempre hai tolerancia, dialogo, e indulxencia.Polo contrário se non hai respecto,terminamos insultando,tornámonos violentos e se perde a comunicación. Todo resúmese nesta simple frase: Trata aos demas como che gustaria que che tratasen a ti. Trátase de respectar as ideas do outro, aínda que o outro non acepte as túas. Trátase de tolerar actitudes diferentes, aínda que non se toleren as túas.

Cantos sufrimos faltas de respecto nas nosas vidas?
Cantas veces habeis expresado unha opinion distinta, argumentada e meditada e respondéronvos con insultos e sen argumentos?
Cantas veces alguén terminou unha discusion cunha portada, un xesto violento, un insulto? Cantas veces tratáronvos con sarcasmo por ser distintos, por non seguir o rabaño?
Cantas veces coóullevos alguén na caixa do super?
Cantas veces un coche estivo a piques de atropelarvos por saltarse un semaforo ou un paso de peóns?
Cantas veces habeis visto vehiculos normais aparcados nas zonas reservadas para minusvalidos?
Cantas veces os coches bloquearon as saídas dos pasos de peóns?
Cantas veces empuxáronvos pola rúa sen pedirvos desculpas?
Cantas veces os vosos xefes tratáronvos coma se fósedes parte do mobiliario?
Cantas veces vos habeis reido con chistes crueis sobre minorias de calquera tipo? Cantas veces habeis visto a alguén tirando un papel ao chan?
Ou non recollendo as feces dos seus cans?
Cantas veces vos habeis tido que ir dunha cafeteria pq na mesa do voso lado gritaban coma se a súa vida dependese diso

A lista sería enorme!
Para evitar estas situacións deberiamos seguir algunhas pequenas "normas":

Cada vez que alguén vos insulte, non lle insulteis.
Cada vez que alguén non vos recoñeza un dereito, esixídeo, pero sen atacar
Cada vez que esteis a piques de saltarvos unha norma, pensade a quen perjudicais coas vosas accións
Cada vez que alguén opine algo distinto a vós, escoitádelle e aprendede.
Poida que non cambieis de opinion, pero vos enriquecereis Cada vez que vos encontreis cunha persoa de distinta raza, cultura, religion e parézanvos estrañas as súas crenzas, reconcedles o dereito a ser distintos e aprendede deles.
Quizais asi consigamos un maior entendemento entre todos.

Non esquecer,a falta de respecto leva ao ódio e este a a violencia!

domingo, 20 de abril de 2008

Lendo en galego

Como sabeis estou aprendendo a escribir e ler en galego. Fai tempo faláronme dalgúns libros de estilo policial escritos nesta lingua.Ademas moitos deles a acción desenvolvíase en Vigo.
Se podeis axudarme,e aconsellarme algúns...pois non coñezo os autores galegos nin as súas obras. Busquei por internet,pero os títulos non me din moito e a mayoria son de poesia.
De momento lin : "Ou neno do pixama a raias" e teño pendente de terminar "Made in Galiza de Senchú Mende.

viernes, 18 de abril de 2008

Mámoas

Cando comenzé a dar uns paseos coa bloguera Mer,descubrín que
tiñamos unha "Ruta de Mámoas ,ó ladiño de casa!













Este é o itinerário da Ruta das Mámoas na Madroa!









As mámoas ou medorras son amoreamentos de terra de
forma circular que se nos presentan de forma brusca
sobre o terreo... (Vamos que son Túmulos...)
Algunhas estan no exterior e nestos casos chamánse Dólmenes!













Hai que ver,en todo o tempo que levo aquí e non darme conta....
Pois nada,quédame invitarvos a coñecer este recuncho de Vigo!

Entrelenguas...

Abrolo,mais que nada pra practicar o meu galego,co perdón dos demais galegos,xa que atropelarei a lengua...

E porque moitas veces non termino de escribir todo o que quero no outro,animovos a visitarme e participar neste humilde proxecto!
Non levo moito tempo co galego, hai uns meses que me deu por falalo,e agora por escribirlo.
Intentarei cos temas sexan diversos e simples como sempre fago!