sábado, 17 de mayo de 2008

Día das Letras Galegas

Foi por marzo de 1963 cando tres académicos numerarios decidiron presentar na Real Academia Galega un escrito en que se pedía a celebración do Día das Letras.Eles foron Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e o motivo de tal solicitude: festexar a publicación, cen anos antes, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, unha obra que "dignificou a nosa lingua e o seu uso literario". Así, a petición destes tres académicos oriéntabase a consagrar o 17 de maio e "con carácter de perdurabilidade o simbolismo desta data nunha celebración anual".O 28 de abril do mesmo ano, nunha Xunta ordinaria, todos os membros da RAG acordaban celebrar cada 17 de maio o Día das Letras, co obxectivo de promocionar a obra dalgún dos nosos autores e autoras. Sendo o centenario de Cantares Gallegos, foi Rosalía de Castro a primeira homenaxeada, e seguíronlle Eduardo Pondal, Curros Enríquez e outros moitos escritore e escritoras.

Xa o sei, saquei o texto da red,mais non quería deixar erros neste día, e quero desexar a todos un bon día das Letras Galegas!
Este ano dedicaronlo a Xosé María Álvarez Blázquez :


Poeta, narrador, editor, historiador, arqueólogo, orador, pedagogo...

1 comentario:

paideleo dijo...

Polo menos escribes algo que hoxe a maioría dos blogueiros galegos non dixeron nada.