miércoles, 21 de mayo de 2008

Reciclando


Empezamos a reciclar!!!
Xa sei que deberiámolo facer fai tempo,pero mais vale tarde que nunca,non?

Todo empezou cun traballo escolar do neno.
Tenia que explicar en que consistia reciclar aos mais pequenos, e as consequencias futuras,se non coidamos o planeta.
Pois iso,empezo a botarme a rouca,porque non reciclabamos nada,e que non nos preocupabamos do seu futuro. Claro que como dentro de 45 anos non estariamos....dábanos igual!

Quédeime a cores, miúda conclusión sacou o neno,eh!!
Ao final,pensando no tema, vi que tiña razón.
Agora se recicla todo na casa, e as pilas usadas lévaas el á escola que teñen un contedor.

Miúdas leccións dannos os mais pequenos...

2 comentarios:

paideleo dijo...

Eu debería reciclar máis que só separo as latas e tetrabricks.
Os papeis acostumamos tiralos no contedor indicado tamén e as pilas tamén.
Bueno, que ao final aínda reciclo bastante.

Mer dijo...

Nós reciclamos algo. O lixo orgánico, as sobras das comidas, dámosllas a un veciño que tén galiñas. O vidrio no contedor do vidrio e o papel e cartón igual. As baterías (creo que pilas en galego non existe) tamén as levamos á escola, bueno, eu sempre as deixaba no contedor do cruce pero fun onte e estaba roto.
Fíxate que estou preparando un post sobre a xente que deixa os mobles ao carón dos contedores, sempre ves colchóns por ahí, nótase que non chaman ao camión de recollida porque están durante días e días, supoño que ata que alguén protesta ou chama ao servizo de recollida que non chamou quen tiña que chamar.