viernes, 25 de abril de 2008

Sigo co mesmo....libros

Sigo co tema dos libros en galego.
Mer,prestoume dous gramácticas :
- Galego Coloquial
- Práticas de lingua
A ver se lle dou un repaso e fágome un esquema co que mais fallo...

Doutra banda unha amiga,deixoume 4 libros,pero dous deles parécenme un pouco infantís. Déixovos os nomes por se coñecedes algún,e podédesme dicir que tal están.
- Un millón de vacas ( Manuel Rivas )
- Os outros feirantes ( Alvaro Cunqueiro )
- A longa viaxe ( Yuca )
- A casa dá Luz (Xabier P. Docampo

O libro que estaba lendo de Sénchu Mende ( Made in Galiza ),non me gustou,só lin a metade,facíalleme moi pesado. Déixovos a pregunta de novo no aire,por se alguién pódeme axudar :

Coñecedes autores de Vigo?

Podédesme aconsellar algún policiaco ou de narrativa?

3 comentarios:

Mer dijo...

Pois espero que che sirvan de algo.
Sobre o Made in Galiza, bueno, a mín gustoume moito aínda que quizáis máis Orixe, do mesmo autor, supoño que tamén inflúe que a Séchu téñoche un cariño especial, foi o meu profe de galego hai 10 anos nun cursiño de perfeccionamento daqueles que daba a xunta.

Lina dijo...

Para que luego digas que no vengo a verte eh!!!!

De algo me entero, el gallego se parece un montón al castellano. Pero es que soy muy perezosa...

Besitos!

paideleo dijo...

Podes probar con Manuel Forcadela que escribe novelas policiacas ambientadas en Vigo como " Barato, barato ".