lunes, 21 de abril de 2008

Faltar o respecto

O respecto non se pide,gáñase!
Non ten limites nin condicións. Cando hai respecto,sempre hai tolerancia, dialogo, e indulxencia.Polo contrário se non hai respecto,terminamos insultando,tornámonos violentos e se perde a comunicación. Todo resúmese nesta simple frase: Trata aos demas como che gustaria que che tratasen a ti. Trátase de respectar as ideas do outro, aínda que o outro non acepte as túas. Trátase de tolerar actitudes diferentes, aínda que non se toleren as túas.

Cantos sufrimos faltas de respecto nas nosas vidas?
Cantas veces habeis expresado unha opinion distinta, argumentada e meditada e respondéronvos con insultos e sen argumentos?
Cantas veces alguén terminou unha discusion cunha portada, un xesto violento, un insulto? Cantas veces tratáronvos con sarcasmo por ser distintos, por non seguir o rabaño?
Cantas veces coóullevos alguén na caixa do super?
Cantas veces un coche estivo a piques de atropelarvos por saltarse un semaforo ou un paso de peóns?
Cantas veces habeis visto vehiculos normais aparcados nas zonas reservadas para minusvalidos?
Cantas veces os coches bloquearon as saídas dos pasos de peóns?
Cantas veces empuxáronvos pola rúa sen pedirvos desculpas?
Cantas veces os vosos xefes tratáronvos coma se fósedes parte do mobiliario?
Cantas veces vos habeis reido con chistes crueis sobre minorias de calquera tipo? Cantas veces habeis visto a alguén tirando un papel ao chan?
Ou non recollendo as feces dos seus cans?
Cantas veces vos habeis tido que ir dunha cafeteria pq na mesa do voso lado gritaban coma se a súa vida dependese diso

A lista sería enorme!
Para evitar estas situacións deberiamos seguir algunhas pequenas "normas":

Cada vez que alguén vos insulte, non lle insulteis.
Cada vez que alguén non vos recoñeza un dereito, esixídeo, pero sen atacar
Cada vez que esteis a piques de saltarvos unha norma, pensade a quen perjudicais coas vosas accións
Cada vez que alguén opine algo distinto a vós, escoitádelle e aprendede.
Poida que non cambieis de opinion, pero vos enriquecereis Cada vez que vos encontreis cunha persoa de distinta raza, cultura, religion e parézanvos estrañas as súas crenzas, reconcedles o dereito a ser distintos e aprendede deles.
Quizais asi consigamos un maior entendemento entre todos.

Non esquecer,a falta de respecto leva ao ódio e este a a violencia!

4 comentarios:

Marian dijo...

eu no falo galego.
Pero te deseo mucha suerte en tu aprendizaje y te dejo un besito.

Anónimo dijo...

A verdadde que esta entrada está moi ben, e de vez en cando está ben que nos recorden este tipo de cousiñas.


Biquiños

Son Unha Xoaniña dijo...

Mo ben polo teu Galego e moi ben polo post.
Nunca é demáis falar de tolerancia, sempre a liberdade de un termina onde empeza a do outro.
Apertas.

Mer dijo...

Isto de ser tolerante penso que se leva dentro dun mesmo, ademáis de ser parte da educación, porque hai irmáns que non teñen o mesmo concepto sobor da tolerancia.
A miña irmá, en concreto, non convidou á súa voda a unha compañeira de traballo porque ía levar ao seu fillo "y es negrito, tía", me dixo. A repugnancia que sentín é indescriptible. Agora ela espera un fillo branco, do seu branco esposo, xenófobo coma ela con calquera, o mellor que lles podería pasar, xa que o fillo non será doutra raza, é que sexa unha desas persoas para eles inaceptables en canto ao seu comportamento social ou sexual, e a ver se os ollos empezan a ver persoas en vez de brancos, negros, homosexuais ou minusválidos.

Realmente penso que as persoas xenófobas son MALA XENTE.